Este luns 25 de Febreiro celebrouse o Concurso de viños Vinespaña, organizado pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos –FEAE como antesala a Enomaq Oleomaq E-beer Tecnovid Oleotec 2019 en Zaragoza.
Un dos concursos máis importantes do panorama nacional xa que está aberto a calquer tipo de viño, zona, elaboración, etc.
O panel de cata que serviu de xurado estivo conformado por enólogos entre os que participaron membros destacados da nosa Asociación (AGE).
Galicia destaou coma sempre pola calidade dos nosos brancos e acadou 25 medallas:
De Rías Baixas tres medallas de ouro para O Carrallán, La Trucha e Observador. Cinco medallas de plata para Eido da Fonte, Lolo y Paco&Lola Prime, Segrel Ámbar e y Finca Garabelos; e unha en tintos para Eido da Fonte Tinto.
Ribeiro acadou dous ouros para Ramón do Casar Treixadura e Alter. E sete platas para Priorato de Razamonde, Mónica Albor, Ramón do Casar Blanco, Ramón do Casar Nobre, Catro Ferrados, De Seu, e Son de Arrieiro.
Monterrei acadou un ouro para Quinta das Tapias e plata para Vega de Lucía, ambos brancos.
En tintos destaca Ribeira Sacra con ouro para A Corga e pratas para Prómine, Guímaro Camiño Real e Dominio de San Xiao.
Ademáis acaou unha prata Os Areeiros da IXP VT Terras do Morrazo.
Aquí podedes consultar o listado completo dos premiados:
Entrega de Premios Vinespaña 2019 27 02 19-1_6967