
O pasado venres 3 de Xuño de 2022 celebrouse en Chantada a entrega de diplomas ás adegas premiadas no Concurso Nacional de Viños Vinespaña 2022. A cuarta edición deste concurso celebrouse o pasado més de Abril no balneario de Laias – Cenlle, Ourense; coincidindo coa Feira do viño do Ribeiro, polo que fixemos coincidir a entrega dos premios coma previa tamén á 39 Feira do Viño de Chantada.
O lugar elixido foron os xardíns de Finca Quinteliña e, malia ó tempo, celebrouse con normalidade e con boa participación das adegas premiadas; o que demostra o interés das adegas galegas na participación do concurso, o único do país no que o panel de cata está formado integramente por enólogos e técnicos habilitados na elaboración de viños.

Nesta edición celebrada en Galicia destacou a alta participación das adegas galegas, que acadaron numerosas distincións, concretamente 43 medallas. Demostrando así a calidade dos viños elaborados na nosa terra.
O acto presentouno o presidente da Asociación Galega de Enólogos David Pascual e foi dirixido pola reporteira de Onda Cero Manola Porto; asisitiron o presidente da Federación Nacional de Enoloxía Luis Buitrón, a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias Fontal, o alcalde de Chantada Manuel Varela e os presidentes da DO Ribeira Sacra Jose Manuel Rodriguez e da DO Ribeiro Juan Manuel Casares.




Fotografías: Cepas y Vinos