Encontro Enolóxico Galego 2021

O pasado mércores día 1 de decembro de 2021 celebrouse no Pazo de Quian, na provincia de A Coruña o V Encontro Enolóxico Galego.

Tras o parón imposto por a pandemia este encontro retomouse coa intención de seguir formando e poñendo ao día das innovacións no ámbito da enoloxía a todos os nosos asociados e profesionáis do sector en Galicia.

Coma en edicións anteriores, diversas casas, empresas e demáis entidades quixeron achegarnos mediante ponencias e conferencias as novas que están desenrolando; neste caso sobre a Crianza e Conservación dos Viños, unha temática moi interesante pola tendencia que se está a seguir na elaboración actual dos viños galegos.

O acto asistiron máis de sesenta asociados e participantes, que desfrutaron das presentacións de diferentes empresas adicadas a todas fases da crianza, tonelerias, desinfección e material enolóxico.

DIVERSEY ofreceunos “A hixiene coma paso previo para unha correcta crianza e conservación”, presentada por Rodrigo Santos.

Filipe Ribeiro de SAI Enology presentounos a ponencia “Preparación para a crianza”

A tonelería Radoux explicou os “Criterios para a elección de unha barrica”, a cargo de Ramón Cendoya.

Rebeca Lapuente, da empresa Agrovin tratou o tema “Monitorización do potencial RedOx: Cómo controlar e evitar desviacións na crianza e conservación do viño”.

O plato forte da xornada foi a intervención do Dr. Fernando Zamora, que fixo un percorrido por os diferentes envases de crianza e os seus beneficios. O Dr. Zamora e Catedrático da Facultade de Enoloxía de Tarragona Universitat Rovira i Virgili e Presidente da Comisión de Enoloxía da OIV; ademáis de un dos máximos expoñentes na formación e na enoloxia científica, polo que contar coa sua asistencia e compartir os seus coñecentos foi todo un luxo que os participantes da xornada poideron desfrutar.

Por mor das restriccións as que seguimos sometidos, nesta edición buscamos un espazo que cumplise coas medidas suficientes para un aforo máis restrinxido, e a celebración do acto desenrolouse seguindo todas as medidas de seguridade.

Tras a celebración das ponencias procedeuse á clausura do acto. Seguidamente, os asistentes asistiron a un xantar de confraternidade onde se debatiu de maneira distendida os contidos da xornada.

O presidente de AGE David Pascual despide o acto cos ponentes, de esquerda a dereita Filipe Ribeiro, Ramón Cendoya, Fernando Zamora e Rebeca Lapuente.

Este encontro contou coa colaboración de diferentes entidades, organismos e empresas enoloxicas coma Agacal, Evega, Dolmar, Tes Enología, Enartis, Manuel Serra e Tonellerie Bordelaise. Gracias a seu apoio poidemos celebrar un ano máis éste evento que pouco a pouco vaise consolidando para achegar coñecementos aos profesionáis do viño en Galicia.

As imaxes do evento foron cedidas por Cepas y Vinos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Federación de Enólogos

Asociación sin ánimo de lucro que fomenta a profesionalidade na enoloxía en Galicia.

Asociación Extremeña de Enólogos

Asociación sin ánimo de lucro que fomenta a profesionalidade na enoloxía en Galicia.

ASOCIACIÓN GALEGA DE ENÓLOGOS

Asociación sin ánimo de lucro que fomenta a profesionalidade na enoloxía en Galicia.

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close